RCD / NOVAS

O recurso do Dépor deixa sen efecto o cartón a Luisinho

27/09/2017 17:10

As alegacións presentadas polo RC Deportivo tras o cartón amarelo que viu o xogador Luisinho no partido do pasado domingo ante o Espanyol no RCDE Stadium foron estimadas polo Comité de Competición da RFEF, que deixou sen efecto dita amoestación.

Na acción que lle custou o cartón amarelo, Luisinho choca involuntariamente cun xogador contrario que acaba de ser trastabillado pola acción doutro futbolista do Deportivo, Alejandro Arribas.

Por este motivo, Competición retira o cartón, co que Luisinho pasa a contabilizar un total de dúas amoestacións.

Máis novas de: LUISINHO