RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Resultados da fin de semana en #anosacanteira

Dous equipos de #ANOSACANTEIRA finalizaron hoxe domingo 28 de marzo a súa competición na primeira fase da liga.

O Fabril goleou ao Viveiro CF (1-4) no campo de Cantarrana. Este resultado, unido ás vitorias do Polvorín FC ante o CSD Arzúa e do Racing Villalbés fronte ao Silva SD mete ao filial entre o seis primeiros, concretamente como 5º calsificado.

Cos deberes feitos estaba xa o Xuvenil B, que empatou (1-1) co Arosa SC en Vilagarcía. Os branquiazuis son xa campións hai unhas semanas do subgrupo A de a liga Nacional.

Uns que acaban e outros que comezan. Cadete A, Cadete B e Infantil A iniciaron a competición nos seus subgrupos da División de Honra e Liga Galega respectivamente. Dous deles (Cadete A e Infantil A) impuxéronse na Coruña por 0-6 aos seus respectivos rivais do Atlético Coruña Montañeros CF; mentres que o Cadete B caeu (2-3) o venres en Abegondo ante o CD Lugo B.

Con descanso esta fin de semana para Deportivo ABANCA B e Xuvenil A antes de iniciar a segunda parte da temporada, alevíns e benxamíns continúan cos seus amigables de pretemporada.

Os resultados da fin de semana foron os seguintes:

Terceira División
Subgrupo A, 22ª xornada (última): VIVEIRO CF 1 - FABRIL 4 (Javi Sánchez -2-, Barba e Adri Castro)

Categoría xuvenil
Amigable (xogado o pasado mércores): ATLÉTICO ARTEIXO 2 - XUVENIL A 1 (Álex Delgado)

Liga Nacional, subgrupo A, 18ª xornada (última): AROUSA SC 1 - XUVENIL B 1 (Embid)

Categoría cadete
División de Honra, subgrupo D, 1ª xornada: ATLÉTICO CORUÑA MONTAÑEROS CF 0 - CADETE A 6 (Ogando, Carreira, Domínguez, Kevin -2- e Álex Delgado)

Liga Galega, subgrupo A, 1ª xornada: CADETE B 2 (Óscar e Javi Casanova) - CD LUGO B 3

Categoría infantil
Liga Galega, subgrupo B, 1ª xornada: ATLÉTICO CORUÑA MONTAÑEROS CF A 0 - INFANTIL A 6 (Murilo -2-, José Rey -2-, Dani e Brian)

Categoría alevín
Amigable (xogado o pasado martes): ALEVÍN A 11 (Paulo -3-, Alberto -2-, Uxío -2-, Joel -2-, Íker e Nico) - ATLÉTICO ARTEIXO 1

Amigable: ALEVÍN A 8 (Paulo -2-, Alberto -2-, Trigo, Mauro e Nico) - CD CALASANZ 1

Amigable: FABRIL FC ALEVÍN 4 (Raúl -3- e Iago Varela) - ATLÉTICO CORUÑA MONTAÑEROS CF A 0

Categoría benjamín
Amigable (xogado o pasado martes): BENXAMÍN A 9 (Mario -3-, Thiago -2-, Íker, Yael, Mateo e Javi Barral) - ATLÉTICO ARTEIXO 0

Amigable: BENXAMÍN A 0 - ATLÉTICO CORUÑA MONTAÑEROS CF C (alevín) 5

Amigable: FABRIL FC BENXAMÍN 3 (Hugo, Álvaro e Nacho) - ATLÉTICO CORUÑA MONTAÑEROS CF A 3