RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Resultados da fin de semana en #ANOSACANTEIRA

Dous equipos de #ANOSACANTEIRA tiveron cita ligueira hoxe domingo. O Xuvenil B iniciou na Grela ante o Ural Español CF B a defensa do seu título de campión da liga Nacional. Decidiu o encontro (0-1) un tanto de Álex Delgado. Esta temporada, o formato de competición será de liga a dobre volta todos contra todos, cun total de 34 xornadas. Os dous primeiros ascenderán á División de Honra e os dous últimos perderán a categoría.

Ademais, o Fabril visitou ao Noia CF na segunda xornada en Terceira RFEF. Após o empate sen goles ante o Racing Villalbés do primeiro encontro, o filial deportivista sentenciou en San Lázaro (0-3) co tres goles no primeiros quince minutos de encontro.

Onte sábado, o Deportivo ABANCA B igualou (1-1) en Avilés ante o Versalles CF a pesar de xogar máis dunha hora de partido cunha futbolista menos por expulsión de Aroa González; e o Xuvenil A, que repetiu cita en Abegondo, goleou ao CD Covadonga (6-1).

Finalmente tiveron test amigable o Cadete en Narón (0-8); e os dous equipos alevíns e os dous benxamíns do Club en Bertamiráns, todos eles finalizados con triunfos.

O pasado venres, o Infantil participou na X edición do Torneo Apertura organizado polo Club Portero 2000 no campo de Monteporreiro (Pontevedra).

O conxunto de Miguel Figueira logrou a medalla de prata nun formato de competición de liga todos contra todos. Só foi superado na clasificación final polo RC Celta pero non polos puntos, senón polo golaverage xeral. Deportivistas e célticos sumaron 7 puntos, con dúas vitorias e un empate (0-0) no partido que os enfrontaba entre si; pero os vigueses anotaron dous tantos máis que os coruñeses no torneo.

Os resultados da fin de semana foron os seguintes:

Terceira RFEF
2ª xornada: NOIA CF 0 - FABRIL 3 (Davo -2- e Yeremay)

Categoría feminina
Primeira Nacional, grupo 1º, 3ª xornada: VERSALLES CF 1 - DEPORTIVO ABANCA B 1 (Marta Rico)

Categoría xuvenil
División de Honra, 3ª xornada: XUVENIL A 6 (Martín Ochoa -4-, Hugo Baldomar e Garaboa) - CD COVADONGA 1

Liga Nacional, 1ª xornada: URAL ESPAÑOL CF B 0 - XUVENIL B 1 (Álex Delgado)

Categoría cadete
Amigable: SD O VAL 0 - CADETE 8 (Guerrero -2-, Jorge -2-, Juan Barros, Oreiro, Luis Viñas e Iraitz)

Categoría infantil
Amigable (xogado o pasado mércores): INFANTIL 10 (Janusz -2-, Rubén -2-, Marcos -2-, Mosquera, Diego, Lucas e Hugo) - VICTORIA CF A 0

X Torneo Apertura en Monteporreiro (Pontevedra)
Venres 17 de setembro
EF PORTERO 2000 0 - INFANTIL 3 (Xabi e Íker Casuso -2-)
AROUSA SC 0 - INFANTIL 2 (Balbas e Íker Casuso)
INFANTIL 0 - RC CELTA 0

Categoría alevín
Amigable: BERTAMIRÁNS FC 0 - ALEVÍN A 3 (Javi, Gabi e Somoza)

Amigable: BERTAMIRÁNS FC B 1 - FABRIL FC ALEVÍN 8 (Jorge -2-, Iván -2-, Luaces, Álvaro, Nacho e David)

Categoría benxamín
Amigable: BERTAMIRÁNS FC 2 - BENXAMÍN A 4 (Íker -2-, Hugo e Javi)

Amigable: BERTAMIRÁNS FC B 1 - FABRIL FC BENXAMÍN 8 (Álvaro -3-, Mateo -2-, Bruno, Miguel e Astray)