RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ASNOSAS

Resultados de #ANOSACANTEIRA 27 e 28 de maio, co Fabril xa en Segunda B

O deportivismo levou esta mañá en Riazor, nun gran ambiente cuns 8.000 afeccionados, unha nova alegría, tras a permanencia do primeiro equipo en LaLiga Santander. O Deportivo B regresou a Segunda División B ao derrotar (2-0) ao Cacereño, despois de que na ida, disputada no campo Príncipe Felipe de Cáceres o pasado domingo, ambos os equipos igualasen sen goles.

Por outra banda, Xuvenil A e Deportivo Abanca B afrontan os cuartos de final do torneo do k.o. O primeiro caeu onte sábado ante un poderoso Sevilla (2-1) na Copa do Rei, e segue vivo para o partido de volta, que será en Riazor o vindeiro domingo 4 de xuño ás 12:00. Pola súa banda, o Deportivo Abanca B perdeu (0-1) inxustamente en Arteixo co Torre, na Copa de Primeira División.

Xogaron en Abegondo, en horario unificado por ser a penúltima xornada de liga, o Xuvenil B e o Cadete A, ambos xa subcampións da liga Nacional e División de Honra respectivamente.

Onte sábado visitaron ao Santiago de Compostela o Cadete B e o Infantil A. Para os cadetes o partido era vital. O empate (1-1) fai agora que na última xornada de liga non dependa de si mesmo para ser campión da liga Galega.

En categoría benxamín, o Benxamín A proclamouse en Arzúa subcampión galego na modalidade de fútbol oito. Eliminou en semifinais ao Cristo de la Victoria (0-0, 3-1 a penaltis) e perdeu a final (1-4) ante o Celta.

Tiveron torneo amigable o Alevín B (en Vila de Cruces) e o Benxamín B (na Estrada).

Os resultados do fin de semana foron os seguintes:

Play Off de Ascenso a Segunda División B

Volta: FABRIL 2 (Borja Galán e Queijeiro) - CACEREÑO 0. Na ida: 0-0

Categoría feminina

Copa, cuartos de final, ida: DEPORTIVO ABANCA B 0 - TORRE 1

Categoría xuvenil

Copa do Rei, cuartos de final, ida: SEVILLA 2 - XUVENIL A 1 (Aarón)

Liga Nacional: XUVENIL B 2 (Kilian e Muri) - PONTEVEDRA 3

Categoría cadete

División de Honra: CADETE A 1 (Pablo) - PONTEVEDRA 0

Liga Galega, grupo 1: SANTIAGO DE COMPOSTELA 1 - CADETE B 1 (Pol)

Categoría infantil

Liga Galega, grupo 1: SANTIAGO DE COMPOSTELA 1 - INFANTIL A 2 (Dani e Noel)

Categoría alevín

Segunda Fase, grupo 1: XESUITINAS 1 - ALEVÍN B 8 (Samuel -2-, Luís, Pablo, David, Adrián -2- e Álvaro)

Categoría benxamín

Fase Final Galega, en Arzúa
Sábado 27 de maio
Semifinal
BENXAMÍN A 0 - CRISTO DE LA VICTORIA 0. Por penaltis: 3-1

Final
BENXAMÍN A 1 (Eli) - CELTA A 4