RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ASNOSAS

Resultados do fin de semana en #ANOSACANTEIRA

Este fin de semana iniciou a liga o Alevín B, o último dos equipos branquiazuis en #ANOSACANTEIRA en arrincar a súa competición oficial. Fíxoo na segunda xornada, posto que a primeira, que tiña previsto disputarse o pasado sábado, foi suspendida por falta de campos.

Desta forma, os 12 equipos de #ANOSACANTEIRA xa se atopan coas súas respectivas ligas en marcha.

En Segunda División B tocou proba de madurez para o Fabril, na súa visita ao terceiro clasificado, o Navalcarnero madrileño. Logrou o filial a súa sétima vitoria consecutiva cun gol de Jardel no último minuto. Debutou ademais no líder outro canteirán, o central Mujaid.

No resto de categorías sobresaíu o triplo enfrontamento co Lugo en División de Honra Xuvenil e Cadete, e Liga Nacional Xuvenil. O balance foi de dúas derrotas e unha vitoria (esta de o Cadete A).

Este fin de semana competiron en casa o Deportivo ABANCA B (triunfo ante a Victoria FC B) e Xuvenil B, Cadete A e Infantil B (cunha derrota, un triunfo e un empate respectivamente).

Os resultados do fin de semana foron os seguintes:

Segunda División B
10ª xornada: NAVALCARNERO 1 - FABRIL 2 (Ismael e Jardel)

Categoría feminina
Primeira Autonómica, 7ª xornada: DEPORTIVO ABANCA B 3 (Alba Suárez, Alba Martínez e Lida) - VICTORIA FC B 2

Categoría xuvenil
División de Honra, 9ª xornada: LUGO 1 - XUVENIL A 0

Liga Nacional, 8ª xornada: XUVENIL B 2 (César e Pichu) - LUGO B 4

Categoría cadete
División de Honra, 8ª xornada: CADETE A 4 (Peke, Mario, Portas e Aye) - LUGO A 0

Liga Galega, grupo 1º, 8ª xornada: DUMBRÍA 2 - CADETE B 2 (Álex e Buján)

Categoría infantil
Liga Galega, grupo 1º, 8ª xornada: OZA JUVENIL 0 - INFANTIL A 8 (Rubén, Lombao, Quique -2-, Álex G. e Roque -3-)

Primeira Autonómica, grupo 1º, 9ª xornada: INFANTIL B 3 (Trigo, Zerfu e Barral) - SANTA MARÍA DEL MAR 3

Categoría alevín
Primeira Comarcal A Coruña, grupo 1º, 2ª xornada: ATLÉTICO CORUÑA MONTAÑEROS A 1 - ALEVÍN A 12 (Héctor -4-, Dani, David -2-, Guerreiro -3-, Oreiro e Óscar)

Segunda Alevín, grupo 1º, 2ª xornada: ALEVÍN B 8 (Dani -4-, Jairo -2-, Bruno e Álex) - TORRE A 0

Categoría benxamín
Primeira Comarcal A Coruña, grupo 2º, 2ª xornada: BENXAMÍN A 8 (Diego -2-, Guille -2-, Pablo, Anxo, Iker e Nico) - ATLÉTICO ARTEIXO A 0

Segunda Comarcal A Coruña, 2ª xornada: BENXAMÍN B 11 (Ronquete -3-, Sergio -2-, Ioan -2-, Gael, Yago Trigo, Caaveiro e Uxío) - ATLÉTICO SAN PEDRO B 0