RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ASNOSAS

Resultados e calendario de #ANOSACANTEIRA do 6 e 7 de maio

O Fabril buscará mañá domingo ás 18:00 horas nas Pontes (horario unificado para toda a categoría), ante un rival xa descendido, o título de campión de liga da Terceira División. Bastaralle un punto para asegurar matematicamente o campionato, o que colocaría ao filial deportivista a unha soa eliminatoria do ascenso a Segunda División B.

Cristóbal Parralo, técnico deportivista, citou para este partido a todo o seu cadro, ademais dos xuvenís Carracedo e Mujaid. Iso si, non poderán saltar ao céspede Queijeiro, lesionado; e Blas, sancionado. A maiores, Nacho Monsalve e Edu pérdense a cita, ao estar concentrados co primeiro equipo.

Pola súa banda, acaban a competición o Deportivo Abanca B (Primeira División Autonómica), que o fai na parte media-alta da táboa e en clara traxectoria ascendente; e o Infantil B (Primeira División Autonómica), este xa campión de liga desde fai varias xornadas.

O Xuvenil A segue disputando amigables de preparación cara á Copa do Rei. O terceiro foi hoxe sábado en Mareo ante o Sporting de Gijón (4-2), subcampión de liga, que tamén ultima a súa participación copeira.

Xogaron, e gañaron, na cidade deportiva hoxe sábado o Xuvenil B (2-0) e o Cadete A (2-1).

Finalmente, o Alevín A gañou a Fase local da Danone Cup (en Abegondo co Deportivo como organizador); e o Benxamín B foi campión do Torneo de Cerceda.

O calendario de partidos, cos resultados de hoxe sábado, é o seguinte:

Terceira División
AS PONTES - FABRIL, o domingo 7 de maio ás 18:00 no Poblado (As Pontes)

Categoría feminina
Primeira División Autonómica: MILAGROSA - DEPORTIVO ABANCA B, o domingo 7 de maio ás 18:00 no campo Luis Gorgoso (Lugo)

Categoría xuvenil
Amigable: SPORTING DE GIJÓN 4 - XUVENIL A 2 (Gandoy e Pedro)

Liga Nacional: XUVENIL B 2 (Kilian e Rivera) - COMPOSTELA 0

Categoría cadete
División de Honra: CADETE A 2 (Pichu -2-) - VAL MIÑOR NIGRÁN 1

Liga Galega, grupo 1º: RACING VILLALBÉS 1 - CADETE B 2 (Docarmo e Fito)

Categoría infantil
Amigable, xogado o pasado mércores: INFANTIL A 4 (Mauro, Padín e Jairo -2-) - VIVEIRO (cadete) 4
Liga Galega, grupo 1º: BERGANTIÑOS 0 - INFANTIL A 2 (Noel e Álvaro)

Primeira Autonómica, grupo 1º: ORILLAMAR 2 - INFANTIL B 4 (Iván -2- e Hugo Baldomar -2-)

Categoría alevín
Segunda Fase, grupo 1º: ALEVÍN B - CALASANZ C, o domingo 7 de maio ás 11:00 na Torre

Categoría benxamín
Primeira Comarcal A Coruña: SPORTING CAMBRE A 0 - BENXAMÍN A 12 (Pablo Fernández -2-, Jairo -2-, Bruno -2-, Pablo Vázquez, Álex, Eli, Erick, Montes e David)