RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ASNOSAS

Resultados e calendario�#ANOSACANTEIRA�2, 3 e 4 de xuño

Xuvenil A e Deportivo Abanca B aspiran a remontar mañá domingo na Coruña os resultados adversos dos seus partidos de ida de cuartos de final copeiro.

O Xuvenil A recibe ao Sevilla en Riazor ás 12:00 coa ilusión de meterse en semifinais da Copa do Rei. Co 2-1 da ida, aos deportivistas valeríalles un 1-0 para superar ao seu rival.

Pola súa banda, o Deportivo Abanca B necesita remontar ante o Torre (ás 16:00 na cidade deportiva da Torre) o 0-1 de Arteixo do pasado domingo, para seguir adiante na Copa de Primeira División.

Xuvenil B, Cadete A, Cadete B e Infantil A finalizaron entre onte venres 2 de xuño e hoxe sábado 3, os seus respectivos campionatos ligueiros, despois de moitos meses de competición.

De todos eles xogouse título do grupo 1º da Liga Galega o Cadete B, que recibiu ao Dumbría en Abegondo. Para ser campión necesitaba en primeiro lugar vencer. E fíxoo: 2-0. Pero tamén que o Calasanz non gañase na Coruña ao Racing de Ferrol B. Os colexiais venceron (6-0) e proclamáronse campións en detrimento dos deportivistas, subcampións.

Nesta ocasión, teñen torneo amigable Infantil B (en Cerdeña), Alevín A (Barcelona), Alevín B (Calamocha, Teruel), Benxamín A (Düsseldorf, Alemaña) e Benxamín B (Carballo).

O calendario de partidos deste fin de semana, cos resultados de hoxe sábado, é o seguinte:

Categoría feminina
Copa de Primeira División, cuartos de final, volta: TORRE - DEPORTIVO ABANCA B, o domingo 4 de xuño ás 16:00 na Torre. Na ida: 1-0

Categoría xuvenil
Copa do Rei, cuartos de final, volta: XUVENIL A - SEVILLA, o domingo 4 de xuño ás 12:00 en Riazor. Na ida: 1-2

Liga Nacional: PORRIÑO 0 - XUVENIL B 2 (Armas e Rivera)

Categoría cadete
División de Honra: GALICIA CARANZA 0 - CADETE A 2 (Julián e Bruno)

Liga Galega, grupo 1: CADETE B 2 (Docarmo -2-) - DUMBRÍA 0

Categoría infantil
Liga Galega, grupo 1: INFANTIL A 17 (Axel -7-, Padín, Mauro -2-, Fika, Jairo, Jorge -2-, Noel, Nils e Dani) - DUMBRÍA 0

Categoría benxamín
Mini Teresa Herrera, eliminatoria previa, xogado o mércores: BENXAMÍN A 11 (Álex -3-, Jairo -2-, Dani -2-, Marcos, Bruno, Pablo Vázquez e Pablo Fernández) - SAN CRISTÓBAL 1

Mini Teresa Herrera, oitavos de final: BENXAMÍN A - IMPERÁTOR, o martes 6 de xuño ás 18:30 na Torre