RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ASNOSAS

Resultados en #ANOSACANTEIRA do sábado 20 e calendario para o domingo 21

A xornada en #ANOSACANTEIRA arrincou onte venres 19 de xaneiro coa celebración en Abegondo do partido da 19ª xornada da liga Galega entre o Cadete B e o Galicia de Caranza. O triunfo foi deportivista (3-0).

Hoxe sábado 20 a quenda na Cidade Deportiva foi para o Infantil A, que se impuxo ao Areosa (3-1); mentres que mañá domingo 21, o Fabril recibe (12:00) ao Racing de Ferrol nun atractivo derbi; o Infantil B ao Atlético Coruña Montañeros B (10:00) e o Xuvenil Á o Alondras (17:00 horas).

Para o choque de Segunda División B, os socios deportivistas teñen acceso gratuíto.

Gustavo Munúa, técnico fabrilista, citou como é habitual en casa a todo o seu cadro. Son baixa por lesión Luismi, Bicho, Carlos López, Jardel, Ismael e Luís Fernández. A maiores, One e Edu Expósito viaxan co primeiro equipo para o partido de mañá domingo no Santiago Bernabéu. Están convocados os xuvenís: Mujaid, Ortuño, Porrúa e Pedro.

Para o resto de encontros en Abegondo, os socios do Dépor teñen entrada libre. O público deberá abonar 3 euros. O partido do Infantil B fronte ao Atlético Coruña Montañeros B é gratuíto para todos os afeccionados.

En canto ao resto de equipos, sobresae a visita do líder da Primeira División Feminina, o CCAR Valladares ao Deportivo ABANCA B, que marcha terceiro empatado a puntos co Atlético Arousana, segundo. O encontro xogarase mañá domingo 21 de xaneiro ás 16:00 en Ponte dos Brozos (Arteixo).

O calendario de partidos, cos resultados dos partidos de hoxe sábado, é o seguinte:

Segunda División B
22ª xornada: FABRIL - RACING DE FERROL, o domingo 21 de xaneiro ás 12:00 en Abegondo

Categoría feminina
Primeira Autonómica Feminina, 17ª xornada: DEPORTIVO ABANCA B - CCAR VALLADARES, o domingo 21 de xaneiro ás 16:00 en Ponte dos Brozos (Arteixo)

Categoría xuvenil
División de Honra, 20ª xornada: XUVENIL A - ALONDRAS, o domingo 21 de xaneiro ás 17:00 en Abegondo

Liga Nacional, 19ª xornada: OURENSE 0 - XUVENIL B 2 (Paulo e Iñaki)

Categoría cadete
División de Honra, 19ª xornada: BERGANTIÑOS - CADETE A, o domingo 21 de xaneiro ás 10:00 nas Eiroas (Carballo)

Liga Galega, grupo 1º, 19ª xornada: CADETE B 3 (Hugo -2- e Rares) - GALICIA DE CARANZA 0

Categoría infantil
Fase polo Título, 1ª xornada, xogado onte: SAN TIRSO 0 - INFANTIL A 4 (Sergio -2- e Hugo Baldomar -2-)
Fase polo Título, 2ª xornada: INFANTIL A 3 (Sergio, Hugo García e Hugo Baldomar) - AREOSA 1

Primeira Autonómica, grupo 1º, 21ª xornada: INFANTIL B - ATLÉTICO CORUÑA MONTAÑEROS B, o domingo 21 de xaneiro ás 10:00 en Abegondo (campo 6)

Categoría alevín
S
egunda Fase Comarcal, oitavos de final, ida: VICTORIA A 0 - ALEVÍN A 2 (Óscar e Guerrero)

Segunda Fase, grupo 1º, 1ª xornada: ALEVÍN B 9 (Dani -3-, Bruno -2-, Xenxo, Eli, Jairo e Vergara) - XESUITINAS 2

Categoría benxamín
Segunda Fase de Primeira Comarcal, 3ª xornada: BENXAMÍN A 3 (Guille, Anxo e Íker) - LUÍS CALVO A 0

Segunda Comarcal A Coruña, 12ª xornada: LUÍS CALVO C 1 - BENXAMÍN B 13 (Gael, Ronquete -2-, Jorge -3-, Yago Trigo -2-, Mauro, Sergio, Caaveiro, Ioan e Trillo)