RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Resultados en #ANOSACANTEIRA hoxe sábado e calendario para mañá domingo

O encontro do Fabril ante o Polvorín FC (1-4) foi o único en #ANOSACANTEIRA previsto para hoxe sábado 5 de decembro en Abegondo. 

Os fabrilistas non tiveron a súa tarde e está vez foron inferiores ao seu rival.

Tamén xogaron hoxe, pero fóra da Cidade Deportiva, o Xuvenil B (0-2 en Lugo) e o Deportivo ABANCA B, que volveu á competición en Vilagarcía fronte ao Atlético Arousana (1-2) após o parón ligueiro da semana pasada no subgrupo A de o grupo 1º de Primeira Nacional.

Para mañá domingo 6, a porta pechada, queda o partido do Xuvenil A (12:00 horas ante o CD Choco). O conxunto de Óscar Gilsanz regresa a Abegondo como líder da División de Honra após o brillante triunfo do pasado sábado na Cidade Deportiva Afouteza de Mos con motivo de #ONOSODERBI da categoría.

O calendario de partidos, cos resultados dos xa xogados, é o seguinte:

Terceira División
Subgrupo A, 8ª xornada: FABRIL 1 (Sanmartín) - POLVORÍN FC 4

Categoría feminina
Primeira Nacional, subgrupo A, 6ª xornada: ATLÉTICO AROUSANA 1 - DEPORTIVO ABANCA B 2 (Eva Dios e Nuria Torres)

Categoría xuvenil
División de Honra, subgrupo A, 6ª xornada: XUVENIL A - CD CHOCO, o domingo 7 de decembro ás 12:00 en Abegondo (campo 1)

Liga Nacional, subgrupo A, 5ª xornada: CD LUGO B 0 - XUVENIL B 2 (Embid e Martín Ochoa)