RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Reunión coas familias de futbolistas do Dépor Genuine ante o comezo da nova temporada

Os pais e titores dos 35 membros do equipo Genuine do RC Deportivo tiveron esta mañá unha reunión na sala de prensa do Estadio ABANCA-RIAZOR cos adestradores do equipo: Lucía Otero e Carlos García.

Aos poucos, após máis dun ano sen adestramentos, competicións e partidos amigables, os futbolistas con Discapacidade Intelectual que conforman o equipo irán retomando toda a actividade preparatoria e competitiva en representación do RC Deportivo, unha actividade que hoxe se lles detallou ás familias.

Mañá mércores, o equipo vivirá unha fermosa noite ao ser os convidados especiais ao partido Dépor-Maccabi Haifa de UEFA Youth League. Presenciarán o encontro desde a Área 1906 do Estadio ABANCA-RIAZOR, un choque cuxa recadación íntegra se destinará ao proxecto que eles protagonizan: o do Dépor Genuine.