RCD / NOVAS

Richard Barral, optimista para o tramo final: "O adestrador vai dispor dun fondo de armario importante"

18/05/2020 17:15

Richard Barral, asesor deportivo do Consello de Administración, atendeu esta mañá aos medios informativos na sala de prensa habilitada en Abegondo.

Estas foron as súas frases.

Recta final do campionato

"Polo que eu vexo e din os técnicos, a xente chegou en moi bo estado. Nós vémonos favorecidos porque temos un cadro amplo, un fondo de armario importante, con xente como a que chegou que non está gastada no aspecto físico. Nese aspecto ímonos a favorecer".

"Desde que empezaron os adestramentos e ver como chegou a xente despois de dous meses, só penso, medio de broma, en perder como moito 2 de 11 partidos. Vexo que vai ser dificilísimo gañarnos. Daquela a competición poranos no noso sitio. Teño un pálpito de que imos ser o mellor equipo neste tramo final. Teño un optimismo total. Vai custar moito que perdamos algún partido".

Plus das novas fichaxes

"Os xogadores estaban a disposición do adestrador. Coas fichaxes do mes de xaneiro ten outras alternativas, como el mesmo dicía; mesmo para xogar de diferentes formas. Agora todos os xogadores parten de cero. Hai como unha mini pretemporada onde o físico se vai a igualar. Os xogadores que chegaran en xaneiro viñan de non xogar nos seus equipos porque se non é imposible que veñan no mercado de xaneiro. Agora a súa achega a nivel físico vai ser ao mesmo nivel que os seus compañeiros. Vai ser un plus e o adestrador vai dispor dun cadro longo, ampla e un fondo de armario importante".

Aketxe

"Negociación non existe con ningún xogador porque quedan 11 partidos por xogar. Queda a metade dunha volta. Falouse con algúns xogadores e os seus axentes para saber cal é a súa predisposición. Pero nada máis".

"A del é unha predisposición a seguir no Dépor. Pero non se pasou de aí. Aínda quedan 11 xornadas. O adestrador leva con el 10 ou 11 xornadas. Hai moita liga aínda. O adestrador ten un poder de decisión importante. Esperaremos unhas xornadas máis, que isto se renove e ver en que escenario estamos".

Emre Çolak

"El fixo un esforzo importante por vir aquí. Con Viera son xogadores dun nivel diferencial en Segunda. Çolak sorprendeunos a todos coa súa capacidade de traballo, adaptándose a un sistema que elixiu o adestrador para este momento no que chegou e deu resultados. Non lle importou o seu lucimento persoal. Tivo que xogar en banda e facendo un tipo de fútbol distinto ao que pode marcar diferenzas. É verdade que tiña dúas ou tres ofertas pero é unha persoa que encaixou ben na Coruña, no equipo. Se esas ofertas son descomunais non imos ter ningunha opción, pero sei que agora el, ante ofertas dun pouco máis, elixiría A Coruña. Tería que ir aparellado coa decisión do Club e do adestrador do que teña pensado para o próximo ano. Non descartamos que poida continuar".

Estrutura deportiva do Club

"Co Coronavirus todo aprazouse dous ou tres meses. Cando teriamos que estar a finalizar a liga e pensando noutras cousas co organigrama feito e con todo, este parón cambiou as prioridades do Club. A Asemblea prevista para o 17 de marzo aprazouse e con iso o Club está a dar cambios en todos os sentidos. No aspecto deportivo, en canto a organización e organigrama da secretaría técnica, aprazouse no tempo. O mercado de fichaxes, como dixo a FIFA, correrase segundo a finalización de temporada. E iso aféctanos a todos. O presidente (Fernando Vidal) e o Consello xa deben de ter as cousas claras. Igual que fixeron cambios noutros estamentos do Club agora cando toque o apartado deportivo, en canto organización, falaremos diso".

Límite salarial

"Se a liga non o ten claro, imaxínate con todo o que pasou, e o caso particular do Deportivo, que está pendente de tomar decisións definitivas para o seu futuro tan importantes como esa Asemblea que se fará nos próximos días. Estamos nun estado de incerteza pero non só o fútbol, todos os sectores económicos do país e en xeral todo o mundo. Non temos referencias".

Próximo mercado e posibles incorporacións

"Pase o que pase, unha das prioridades, como explicou o presidente, é facer unha aposta clara pola canteira. Iso non quere dicir que as cousas se regalen. Podes subir xogadores, pero correspóndelles a eles demostralo. Neste momento con contrato debe de haber agora entre 12 e 14 xogadores. A partir de aí hai que cumprimentar con fichaxes de maior nivel posible e deixar sempre unha cota para xogadores do Fabril. A partir de aí a pretemporada e eles mesmos dirán onde é o seu sitio. A aposta inicial é promocionar ao  xogador que destaque e ao que dea o nivel. Oxalá sexan moitos".

"Estamos todos á expectativa do que vai pasar. A liga eu creo que vai empezar e a ver se se pode terminar. Até cando se vai a xogar a porta pechada? Porque iso vai ser decisivo na economía dos clubs. E máis no Deportivo, que o día de partido é un dos clubs que máis diñeiro podería perder en canto a abonados, publicidade, palcos..."

"O mercado vaise a regular. Houbo un desenfreo provocado polo traspaso de Neymar ao PSG, que inflacionou o alto mercado. Vaise a regular. E o noso en particular vaise a ir a unha temporada e media ou dúas temporadas de transición".

Fichaxes avanzadas

"As secretarías técnicas están vivas, están continuamente vendo xogadores, pendentes do mercado. Agora estamos en maio pero é coma se estivésemos en febreiro. Agora témonos que pór en marcha, ver como vai pasando todo. E a partir de aí facer unha composición de lugar".

"No fútbol tes que ter previstos todas as posibilidades. Se acabase a liga habería que discutir se estamos en posición de descenso ou non porque calquera regulamento di que unha vez finalizada a liga entra o golaverage particular, xa non o xeneral. Nese caso estariamos salvados. Seguramente a liga ímola a comezar e se se pode terminar, como desexamos todos, será o máis xusto. O escenario é permanecer en Segunda e se se dese a fatalidade do descenso, poriámonos nese escenario. Tal e como está o equipo, co cadro que temos, hai que ser ambiciosos".

Bundesliga

"É unha situación estraña, a porta pechada. Vin varios partidos. A sorpresa foi o empate do Friburgo. O demais, o Bayern gaña como sempre. É unha cousa distinta: bancadas baleiras, xogadores na bancada con máscara, técnicos con máscara, árbitros igual... É algo que se nolo din fai catro ou cinco meses non o cremos. Isto é o que nos toca, afrontalo e saír canto antes da mellor forma posible".

Estadios baleiros en Alemaña e o caso do Dépor

"Vainos a afectar a todos pero ao Dépor máis, porque a afección do Dépor, con 27.000 espectadores que houbo nos últimos partidos, vas gañando 1-0 xa. Imos ser nese aspecto o equipo máis afectado. A única vantaxe que vexo despois deste confinamento é que temos un cadro amplo e ao ter que xogar 11 partidos nun tempo moi comprimido, o adestrador vai poder xestionar mellor o grupo e as aliñacións que outros equipos con 13, 14, 15 xogadores dun nivel parello".

Somma

"Aínda non se fixo efectiva a súa renovación polo parón e as prioridades que ten o Club por resolver pero o Deportivo é un club señor e cabaleiro. Prometéuselle no momento da lesión, como creo que debe de ser, a renovación. E o Club vai cumprir".

Continuidade á fronte da parcela deportiva e Domingo Catoira

"Xa lle preguntastes ao presidente por el e díxovos que de momento non hai nada claro. En maio o normal é que a secretaría técnica estivese organizada. Pero como aínda falta tanto, non hai nada decidido nin nada claro. Pronto, nos próximos días, nas próximas semanas, terase que organizar parte do Club e quedar a organigrama formado".

"Como dixo o presidente, non hai ningún secretario técnico asinado. Ninguén tivo peso entón, nin eu, nin Albert Gil, nin o presidente, nin ninguén. Cando se defina a organigrama e as persoas que o van a formar, falaremos. Pero as persoas non son o máis importante. Estea quen estea temos que ir todos a un tempo: presidente, Consello, Secretaría Técnica, xogadores, ténicos, afección. Cando estamos todos unidos, puxémonos nunha situación polo menos como os demais cando viñamos de moi abaixo. Iso débese á unión do deportivismo".

Posto na organigrama, e remunerado?

"A organigrama do Club non está e por tanto non sei en que posto estou; e se vou estar. En caso de estar eu non teño outra actividade laboral e económica, son un profesional do fútbol e loxicamente ten que ser remunerada".

Diego Rolan

"É verdade as declaracións do presidente de Juárez (no sentido de executar a opción de compra), é verdade que o seu representante nos mostrou un interese de que ían facer a opción de compra, pero a día de hoxe non enviaron a oferta formal e por escrito. Pouco podemos facer. Outros clubs preguntáronnos pola súa situación. Pero eles teñen asinada unha opción de compra e se a fan e a complen, non podemos escoitar outras ofertas. O único que nos queda é esperar".

Renovacións de xogadores (Aketxe, David Simón...)

"Aínda non. Pero é verdade que tenteamos cos xogadores que acaban contrato cal era a súa intención de cara ao próximo ano. Queda moita liga aínda. É importante a opinión do adestrador e do corpo técnico porque xa son xogadores que el coñece, sabe o rendemento que lle poden dar e a súa opinión vai ser decisiva. O Club ten claro que o adestrador vai seguir sendo Fernando Vázquez, entón a súa opinión para xogadores que están no Club vai ser decisiva".

Plan A e plan B

"Cando chegamos nós, a formulación era máis preto de Segunda B que de Segunda. Hai que ser realistas. A decisión máis importante que tomou o Consello é buscar a viabilidade do Club fóra en Segunda ou en Segunda B. Unha vez conseguido isto, tivemos uns resultados importantes que nos puxeron aí. Agora todo cambia. A nosa perspectiva debe ser pensar só en Segunda. Se logo fatalmente désese un desenlace, poriámonos neste escenario. Pero neste momento, tal como estamos todos en puntos, o noso escenario é non estar a pensar en Segunda B. Temos que ser ambiciosos. Logo si estar preparados por se iso se dese".

Fede Cartabia

"É o mesmo caso que Rolan. O seu equipo ten unha opción de compra cunha data. Se a cumpre non temos nada que facer. O seu axente púxose en contacto co Dépor e comunicou que eles teñen intención de facela. Pero pedían cambiar as regras de xogo. E dixémoslles que non. As regras de xogo están asinadas. A partir de aí hai que esperar a data da que eles dispoñen. No caso de que non se produza, eles son xogadores con contrato, cun nivel altísimo para Segunda, o Club decidirá dependendo da dispoñibilidade económica".

"Agora pouco podemos dicir porque hai dous clubs agora que teñen a chave. Se eles quérenas cumprir, non temos nada que facer".

Fútbol que vén

"O único que desexo é que todo volva á normalidade, que se poida xogar a porta aberta, que haxa unha vacúa o máis rápido posible, un tratamento. Porque se non, á parte de xogar a porta pechada, que é algo frío, é o dano económico para o país. A xente terá menos diñeiro, as empresas menos diñeiro, todo o mundo menos diñeiro. O importante é que isto se normalice".