RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Rondos e balón parado por grupos, tarefas principais esta mañá no Deportivo

Como é habitual 2 días antes de cada partido, o Deportivo rebaixou esta mañá en Abegondo a carga física do seu adestramento.

Tralo almorzo ás 9:30 e unha sesión de vídeo, os futbolistas comezaron no ximnasio con estiramentos. A continuación, xa sobre o céspede, Luis César dividiu aos seus xogadores en 2 grupos. Así, mentres un completaba un roldo, o outro realizaba un ensaio de accións a balón parado.

A sesión concluíu cun exercicio de remates a portería para centrocampistas e atacantes. O técnico deportivista busca como sexa mellorar os números en ataque, tendo en conta que en defensa o Dépor é cada xornada máis sólido.

Tan só Christian Santos e David Simón adestráronse á marxe dun grupo hoxe tamén cos fabrilistas Boian e Mujaid.

Mañá sábado, o cadro está citado ás 9:30 para almorzar en Abegondo. Os futbolistas teñen previsto saltar ao céspede ás 11:00, na última sesión previa á visita do Real Zaragoza a ABANCA-RIAZOR, prevista para este domingo 8 de decembro (16:00 horas, #Vamos).