RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Rubén de la Barrera retoca ao Dépor en ABANCA-RIAZOR

Rubén de la Barrera retoca ao Deportivo de cara ao compromiso ligueiro deste domingo 18 de abril en ABANCA-RIAZOR ante o CD Numancia (19:00 horas, TVG).

Coas únicas ausencias no grupo dos 'tocados' Borja Galán e Derik, o técnico deportivista dispuxo unha tarefa de defensa-ataque con centros laterais, un exercicio de posesión e unha serie de partidos a tres cuartas partes de campo nos que impartiu constantes instrucións e intercambiou xogadores dun a outro equipo.

Os canteiráns Adri Castro e Juan Rodríguez adestráronse hoxe co primeiro equipo, como vén sucedendo esta semana.

Mañá venres, o Dépor regresa a Abegondo nun adestramento que arrancará ás 10:30 horas.