RCD / NOVAS

Sáez chama a César

O deportivista César convértese no cuarto xogador branquiazul da convocatoria de Iñaki Sáez ao ser chamado para substituír a Helguera.

29/03/2004 09:14

O central únese a Capdevila, Luque e Valerón na lista do combinado nacional para o partido amigable do próximo mércores no Molinón ante Dinamarca.

Máis novas de: CÉSAR

RCD / Noticias Relacionadas

24/03/2005 22:32 |

Hoxe en Dépor Sport
César: Quero acabar o meu contrato no Dépor

César Martín, un dos clásicos do Deportivo, é o protagonista de hoxe en Dépor Sport, o xornal oficial do club. Como sente despois de tanto tempo sen xogar? Este ano só xoguei contra o Numancia. Agora estou ben fisicamente, adestro con normalidade e espero dispor de minutos para xogar e gozar no campo. Mentres non sexa así, hai que traballar para tentar que a situación mellore.