RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Sara Álvarez conclúe o Torneo de Exentos de Suecia asentada no once titular da selección española sub-17

- Foto: @SeFutbolFem -

A xogadora do Deportivo ABANCA B Sara Álvarez estivo concentrada en Suecia coa selección española sub-17 con motivo do Torneo de Exentos, unha competición internacional que enfronta a aqueles equipos nacionais que non teñen que xogar fase de clasificación para o novo formato do campionato de Europa.

A terceira e última cita para as españolas foi hoxe martes 17 de setembro no Estadio Angelholms IP de Angelholm ante as anfitrioas, as suecas. O triunfo foi claramente hispano (0-4), con Sara Álvarez asentada no once titular. Nesta ocasión, a branquiazul foi relevada por Karolina Sarasua no minuto 61, con 0-3 no marcador e o choque sentenciado.

O pasado sábado, España impúxose (3-4) aos poderosa Estados Unidos, campioa do mundo feminina en categoría absoluta, na segunda xornada da competición. O encontro, que Sara Álvarez xogou completo, foi vibrante, con alternativas no marcador e decidido polo acerto de Giovana Queiroz.

Na primeira xornada deste torneo disputada o pasado mércores, España caeu ante Alemaña (0-4), con Sara Álvarez sobre o céspede tamén todo o partido.

Os resultados de España foron os seguintes:

Mércores 11 de setembro
ESPAÑA 0 - ALEMAÑA 4

Sábado 14 de setembro
ESTADOS UNIDOS 3 - ESPAÑA 4

Martes 17 de setembro
SUECIA 0 - ESPAÑA 4

A canteirá deportivista súmase así ás futbolistas do Dépor internacionais nas categorías inferiores da selección española nas últimas convocatorias: Teresa Abelleira, María Méndez, Athenea e Carlota Sánchez.