RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
ENTRADAS

Se es socio, compra a túa entrada para o partido coa Juve por teléfono

Os socios do Deportivo que desexen adquirir a súa entrada para o partido de ida de oitavos de final da liga de Campións xa poden facelo sen moverse de casa. Por teléfono, dunha forma rápida, cómoda e sinxela, poderán adquirir a localidade que lles permiti

O proceso é moi fácil. O socio, co seu carné da tempada 2003- 2004 diante, marca o número de teléfono 902 43 44 43 onde a operadora solicitaralle os datos da entrada que desexa adquirir. Unha vez contrastados solicítalle os datos dun cartón bancario para efectuar o pago da localidade para a liga de Campións e informa ao abonado dos detalles da operación. Asímismo, solicítaselle que escolla a oficina de Caixa Galicia onde desexa recoller o seu carné xa renovado nun prazo máximo de 72 horas.
Así de rápido e así de sinxelo.

Os prezos das entradas de socios para este partido de Liga de Campións son:

LocalidadesSocios
Entrada
SeniorInfantil
Tribuna superior 24,0012,00
Tribuna inferior 24,0012,00
Tribuna dianteira 24,0012,00
Preferencia superior20,00 10,00
Preferencia Inferior 12,006,00
Preferencia Inferior Lateral 12,00***
Fondo Marathon Superior15,00 8,00
Fondo Marathon inferior 12,00***
Fondo Pavillón superior 12,006,00
Fondo Pavillón Inferior 12,00***
Junior*** 6,00

O custo para o abonado é de tan só 90 céntimos, un importe simbólico se se ten en conta o servizo, o persoal, a infraestrutura necesaria e, sobre todo, a distribución da entrada á oficina de Caixa Galicia onde o socio indique.

Esta é outra das melloras nas que o Deportivo está a traballar, coa colaboración de Caixa Galicia, para pór en funcionamento novos servizos de atención aos socios e afeccionados en xeral.