RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Segundo partido do fabrilista Iano Simão con Guinea Bisáu, mañá luns ante Sudán

- Foto: @ffgbissau -

Iano Simão da Silva Imbeni está concentrado coa súa selección, Guinea Bisáu, para dous partidos clasificatorios para o próximo Mundial de Qatar 2022.

A segunda cita nesta data FIFA para o atacante fabrilista co seu combinado nacional será en Bisáu, capital de Guinea Bisáu, fronte a Sudán mañá luns 15 de novembro (17:00 horas, 18:00 horas na Coruña).

O primeiro dos encontros foi o pasado venres fronte á República de Guinea en Conakri, a súa capital. O partido acabou sen goles (0-0) e sen minutos de xogo para o xogador do Fabril.

Con este resultado, Guinea Bisáu é segunda do grupo I de África con 5 puntos, moi afastada do líder, Marrocos, que ten 15 puntos. Só o primeiro de cada grupo pasa á seguinte fase de clasificación, polo que os marroquís xa avanzaron rolda e Guinea Bisáu unicamente pelexará mañá pola honra de finalizar na segunda posición do grupo, xa que é a última das seis xornadas desta segunda fase clasificatoria en África.

Por conseguinte, Iano Simão foi baixa no partido do Fabril de hoxe domingo 14 de novembro ás 16:30 no campo do Morrazo ante o Alondras CF.