RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Semana de intensa preparación de cara á visita do Valencia

O Deportivo encara unha semana de intensa preparación, de cara á visita do Valencia CF ao Estadio ABANCA-RIAZOR, en partido correspondente á 19ª xornada, última da primeira volta, previsto para o sábado 13 de xaneiro ás 20:45 horas (Bein LaLiga).

Cristóbal Parralo, após a xornada de descanso de hoxe luns, disporá de catro adestramentos nesta semana, todos eles matinais e todos en Abegondo, excepto o do venres no Estadio a porta pechada.

A planificación semanal, sempre susceptible de sufrir variación por razóns técnicas, é a seguinte:

Luns 8 de xaneiro
Descanso

Martes 9 de xaneiro
11:00: Adestramento en Abegondo

Mércores 10 de xaneiro
11:00: Adestramento en Abegondo

Xoves 11 de xaneiro
11:00: Adestramento en Abegondo

Venres 12 de xaneiro
11:00: Adestramento no Estadio ABANCA-RIAZOR

Sábado 13 de xaneiro
20:45: Deportivo - Valencia, no Estadio ABANCA-RIAZOR