Semana sen fútbol ligueiro para o Dépor ABANCA pero con amigable o sábado ante o Viajes InterRias FF
O Deportivo ABANCA regresa mañá mércores 25 de novembro aos adestramentos nunha semana sen fútbol ligueiro na Primera Iberdrola debido ao dobre compromiso da selección española.
A pesar diso, Manu Sánchez, técnico deportivista, dispuxo tres adestramentos vespertinos na Cidade Deportiva.
A semana concluirá cun amigable ante o Viajes InterRías FF, líder do subgrupo A do grupo 1º de Primeira Nacional. Será o sábado 28 de novembro ás 12:30 en Abegondo, a porta pechada pola pandemia de COVID-19.
A planificación semanal, sempre susceptible de sufrir variación por razóns técnicas, é a seguinte:
Mércores 25 de novembro 17:00 h
Xoves 26 de novembro 17:30 h
Venres 27 de novembro 17:30 h
Sábado 28 de novembro 12:30: Deportivo ABANCA - Viajes InterRías FF