Sen baixas no Dépor ABANCA para recibir o domingo ás 12:00 en Abegondo ao CD Tacón
O Dépor ABANCA encara o partido de mañá domingo 27 de outubro en Abegondo ante o CD Tacón (12:00 horas), correspondente á 7ª xornada na Primeira Iberdrola, con 18 futbolistas.
Manu Sánchez pode presumir da boa saúde do seu cadro, con ningunha futbolista de baixa.
O conxunto branquiazul é, após 6 xornadas, colíder da Primeira Iberdrola, empatado a 16 puntos co FC Barcelona.
Entradas a disposición de afeccionados e socios que queiran ir acompañados
Para o partido, o Real Club Deportivo pon unha cota limitada de entradas a disposición dos afeccionados e dos socios que queiran ir acompañados. Para público en xeral a 10 euros e para acompañantes de socio a 5 euros. Os socios do Deportivo poden acceder libremente ao partido ensinando o seu carné da temporada, até completar aforamento.
As entradas estarán dispoñibles mañá domingo, día do partido, desde as 11:00 nos despachos de billetes da propia Cidade Deportiva de Abegondo.