Sergio compareceu na sala de prensa de "O Mundo do
Fútbol". O centrocampista catalán eloxiou ao Sevilla, próximo rival do
Deportivo o domingo en Riazor (21 horas): "É un equipo que ten moi clara a
transición entre defensa e ataque. Ten claro o que ten
Ademais, cre o deportivista que se lle dá demasiada importancia ao non
fallar en cada xornada: "Sería ideal gañar todos os partidos, pero iso é
imposible", ironizou Sergio, quen tamén desexou sorte a Jaime na súa nova etapa
no Hannover: "É un bo tipo e botarémolo de menos. Pero era o mellor para
el e deséxolle toda a sorte do mundo".