RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Sheila, gardameta procedente do CPM Friol, oitava incorporación do DEPORTIVO ABANCA

Sheila Fernández Suárez (Santiago de Compostela, 21 de marzo de 1997), coñecida deportivamente como Sheila, é a oitava cara nova do DEPORTIVO ABANCA para afrontar o curso 2017-2018, a segunda temporada da historia do conxunto feminino branquiazul.

Sheila chega ao DEPORTIVO ABANCA para completar a terna de gardametas, xunto a Anita e Malena. A porteira santiaguesa militou a pasada campaña no CPM Friol, que competiu coas branquiazuis no grupo 1º de Segunda División Nacional, obtendo un meritorio quinto posto. Só Oviedo Moderno, DEPORTIVO ABANCA, Sporting de Gijón e Atlántida Matamá superaron ao conxunto friolés.

Con anterioridade, Sheila xogou en SD Cacheiras (2006-2012), SD Compostela (2012-2013) e FVPR El Olivo (2013-2016). Seleccionada galega nas categorías Sub-16 e Sub-18, tamén foi convocada para diversas concentracións coas seleccións españolas Sub-16 e Sub-17 durante o ano 2013.

Coa incorporación de Sheila, Manu Sánchez, adestrador branquiazul, conta con 22 futbolistas ás súas ordes: Anita, Estefi, Miriam, María Corral, Nuria, Raquel, Tere Abelleira, Kika Moreno, Gaby García, Cris, Lía, Malena, Miga, Gere, Silvia Mérida, Peke, Patri Rúa, Iris, Laura Vázquez, Jone Bilbao, Sara e Sheila.