RCD / NOVAS

Sidnei, de baixa por unha lesión muscular

28/04/2017 12:49

Sidnei foi sometido esta mañá a probas médicas para ditaminar o alcance exacto das molestias coas que acabou o encontro do pasado mércores ante o Real Madrid.

Os Servizos Médicos do RC Deportivo diagnosticáronlle unha lesión muscular de grao 1 no adductor medio da súa coxa esquerda. A partir de agora, o defensor inicia tratamento médico e de fisioterapia, con repouso deportivo.

Unha vez finalizada esta etapa, pasará a adestrarse co readaptador Fran Molano, como paso previo ao seu regreso aos adestramentos co grupo.

Tamén a Joselu realizáronselle probas médicas por unhas molestias no tendón de Aquiles dereito. O dianteiro está pendente de avaliación médica nas próximas horas.

Finalmente, o adestramento de mañá sábado en Abegondo será decisivo para saber se Lux (sobrecarga nun cuádriceps) e Carles Gil (molestias na musculatura pélvica) poden estar a disposición de Pepe Mel para o encontro deste domingo 30 de abril no Sadar (12:00 horas, Bein Sports).

Podes consultar aquí o estado físico do cadro deportivista.

Máis novas de: SIDNEI

RCD / Noticias Relacionadas