RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Silvia Mérida, novidade na lista do Deportivo ABANCA para o partido de mañá sábado en Huelva

O Deportivo ABANCA encara con 18 futbolistas a visita ao Sporting Huelva de mañá sábado 19 de outubro (13:00 horas, #Vamos), en partido correspondente á 6ª xornada na Primeira Iberdrola.

A novidade é o regreso de Silvia Mérida, xa recuperada dunha lesión que a mantivo fóra do equipo varias semanas.

As futbolistas branquiazuis, após realizar a última sesión esta mañá en Abegondo, viaxan a continuación a Huelva, vía Sevilla, segundo esta folla de ruta:

Venres 18 de outubro

10:30: Adestramento en Abegondo
14:40: Saída do voo do Aeroporto da Coruña con destino Sevilla
16:00 (horario aproximado): Chegada ao Aeroporto de Sevilla e traslado en autocar a Huelva
17:45 (horario aproximado): Chegada a Huelva e aloxamento no Hotel Sercotel Familia Conde

Sábado 19 de outubro
13:00: Sporting Huelva - Deportivo ABANCA, no Novo Colombino
Ao concluír, regreso en autocar á Coruña con parada a cear en Salamanca

Domingo 20 de outubro
02:00 (horario aproximado): Chegada á Coruña