RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Stephannie Blanco foi titular no primeiro amigable de Costa Rica ante Guatemala

- Foto: @fedefutbolcrc -

As xogadoras do Deportivo ABANCA Noelia Bermúdez e Stephannie Blanco están concentradas con Costa Rica para disputar dous partidos amigables no seu país, ambos ante Guatemala.

O primeiro deles foi hoxe domingo 13 de xuño no Estadio Nacional, xusto o día en que a Federación Costarriqueña de Fútbol cumpre 100 anos. A selección feminina volveu pisar a catedral do fútbol 'tico' despois de 8 anos sen facelo, co obxecto de festexar tal efeméride. De feito, Stephannie Blanco declarou aos medios de comunicación estar "emocionada" por estar presente neste partido. A defensora deportivista saíu no once inicial no triunfo 'tico' (3-1), e foi relevada no transcurso da segunda metade por Fabiola Villalobos. Por contra, a gardameta branquiazul Noelia Bermúdez non chegou a saltar ao terreo de xogo.

A segunda cita ante Guatemala para as dúas xogadoras do Deportivo ABANCA será o martes 15 ás 10:00 (18:00 en España), esta vez no Complexo Deportivo Fedefútbol Plycem.

Deste xeito, o combinado 'tico' preparará as eliminatorias mundialistas que arrancarán a finais de ano.

Noelia Bermúdez e Stephannie Blanco únense ás tamén deportivistas Athenea del Castillo e Eva Dios, citadas pola selección española absoluta e sub-19 respectivamente nesta data FIFA.