RCD / NOVAS

Sullastres renova co Dépor ABANCA até 2022

14/02/2020 18:00

A porteira Esther Sullastres asinou a súa renovación co Deportivo ABANCA por dúas campañas máis, até xuño de 2022.

Sullastres, que o próximo mes de marzo cumprirá 27 anos, chegou ao equipo branquiazul o pasado verán.

A gardameta xerundense xogou como titular 7 dos 17 partidos que o Deportivo ABANCA disputou até o momento na súa estrea na Primera Iberdrola, nos que encaixou 10 goles. Ademais, foi a porteira titular na estrea do equipo na Copa da Raíña, o pasado martes en ABANCA-RIAZOR fronte ao Valencia CF Femenino (7-2).