RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Superados os 17.000 abonos do Dépor 21-22

Após a apertura das altas a novas socias e socios do RC Deportivo desde o pasado luns, hoxe superouse a cifra de 17.000 carnés despachados do Dépor 21-22. Son exactamente 17.023 Deportivistas os que teñen consigo o abono desta temporada, así como 119 Mascotas branquiazuis.

Dada a gran demanda de xestións a realizar na Oficina de Atención ao Deportivista (OAD) desde este luns, coa posibilidade de dar de alta novos abonos para a Temporada 2021-2022, o RC Deportivo habilitou todos os postos dispoñibles na Oficina de Atención ao Deportivista para axilizar os trámites e poder atender a un maior número de persoas. Por ese motivo, amplíanse tamén o número de franxas horarias, dentro do horario habitual da Oficina, para poder solicitar Cita Previa.

Calquera trámite que se queira realizar na OAD desde onte martes (altas, cambios de localidade, renovacións...) hai que realizalo con Cita Previa obrigatoria en citaprevia.rcdeportivo.es 

Se algún Deportivista adianta unha cita que xa tivese pechada a unha das novas franxas dispoñibles, rógase que, por favor, anule a anterior na ligazón que pode atopar na mensaxe de confirmación de cita que se lle enviou no seu día cando a solicitou para que outros Deportivistas poidan dispor dela para sumarse tamén a #anosaforza ou realizar a xestión que desexe.

O horario de apertura da OAD continúa sendo de luns a venres de 10:00 a 13:30 h. e de 16:30 a 19:00 h.

Lembrar tamén que hai unha serie de xestións que se poden realizar comodamente desde calquera lugar a través de dispositivos móbiles e a calquera hora do día pulsando nas seguintes ligazóns:

Renovación abonos 

Alta Nen@ Dépor

Alta Soci@ Amig@

Alta Mascota Deportivista