RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Superados os 3.000 socios na reactivación da campaña de abonos

Hoxe arrincou a primeira semana completa da campaña de abonos 2017-2018 con 765 operacións, 35 delas altas e 65 renovacións web, para situar o número de socios en 3.265.

Lémbrase a todos os socios ou futuros abonados que, co fin de minimizar a espera na Oficina de Atención ao Deportivista, teñen á súa disposición o servizo de cita previa. A través da páxina citaprevia.rcdeportivo.es, calquera afeccionado pode asegurarse unha hora de atención para retirar o seu abono. Para mañá teñen quenda 284 e 1.284 dos abonados utilizaron o servizo.

Igualmente, os afeccionados poden renovar ou darse de alta (isto último só nas modalidades de Socio Amigo ou Nen@ Dépor) na páxina abonos.rcdeportivo.es ou por teléfono, mediante o servizo de ABANCA, no número 902 434 443.

Os despachos de billetes da OAD permanecerán abertos ata o venres de 10:00 a 14:00 e de 16:00 a 20:00 horas. O sábado, o seu horario será de 10:30 a 13:30 horas.

Para calquera dúbida ou problema, os afeccionados branquiazuis poden porse en contacto coa OAD en atencion.deportivista@rcdeportivo.es  ou no teléfono 981 259 500 extensión 1.