RCD / NOVAS

Suspendido o primeiro test do Dépor ante o Racing Villalbés de mañá sábado

23/07/2021 21:45

O primeiro amigable de pretemporada do Deportivo, previsto nun principio para mañá sábado 24 de xullo ás 19:00 no campo da Magdalena de Vilalba ante o Racing Villalbés, foi suspendido até novo aviso.

O motivo deste adiamento é un positivo de COVID-19 no cadro. Os Servizos Médicos do Club non queren correr riscos ante o que suporía unha viaxe de ida e volta en autocar até Vilalba e un partido.