RCD / NOVAS

Teresa Abelleira xogará en abril con España sub-19 un Mini Torneo Elite en Santiago

18/03/2019 20:09

Teresa Abelleira foi convocada pola selección española sub-19 para un Mini Torneo Elite no Estadio Vero Boquete San Lázaro (Santiago de Compostela), do 31 de marzo ao 9 de abril. O combinado nacional montará o seu cuartel xeral en Sanxenxo (Pontevedra).

Os rivais de España son Serbia, Hungría e a República de Irlanda, con este calendario de partidos:

Mércores 3 de abril
18:30: ESPAÑA - SERBIA

Sábado 6 de abril
18:30: ESPAÑA - HUNGRÍA

Martes 9 de abril
18:30: REPÚBLICA DE IRLANDA - ESPAÑA

Para preparar este torneo, a selección española realizará unha concentración previa en Las Rozas (Madrid) do luns 25 ao mércores 27 de marzo.

Teresa Abelleira é unha das internacionais españolas coas que conta o Deportivo ABANCA, do mesmo xeito que Nuria Rábano, Malena Mieres e Carlota, esta última do Deportivo ABANCA B.