RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Todo preparado para o Trofeo Teresa Herrera de mañá domingo en ABANCA-RIAZOR

Fernando Vázquez citou a 21 futbolistas para disputar mañá domingo 20 de decembro en ABANCA-RIAZOR (12:00 horas) a LXXV edición do Trofeo Teresa Herrera ante un combinado do fútbol afeccionado da Coruña.

Quedan fóra Miku, lesionado; e Carlos Abad, con permiso. A maiores, o técnico deportivista citou aos fabrilistas Juan Rodríguez e Pablo Brea.

Na sesión desta mañá, despois dun quecemento cun roldo no centro do campo, os futbolistas disputaron un partido a metade de campo 2, en espazo reducido e de alta intensidade.

Tiveron adestramento específico Miku, Keko, Valín, Eneko Bóveda, Claudio Beauvue e Nacho. Diego Rolan, con farinxitis, quedou no seu domicilio; mentres que Carlos Abad, con permiso, tampouco se pasou hoxe pola Cidade Deportiva.

Finalizado o partido en ABANCA-RIAZOR, o cadro inicia as vacacións de Nadal. O próximo adestramento programado será o luns 28 de decembro ás 10:30 en Abegondo.