RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Traballo esta mañá para o Dépor entre dúas xornadas de descanso

Con oito días de marxe entre o partido do pasado sábado 16 de outubro en ABANCA-RIAZOR fronte ao UD San Sebastián de los Reyes e o do próximo domingo 24 en El Sardinero ante o Real Racing Club (12:00 horas, Footters), é dicir, cunha semana longa por diante, Borja Jiménez concedeu dous días de descanso ao seu cadro, onte domingo e mañá martes, pero interrompidos por unha sesión matinal hoxe luns en Abegondo.

Despois dun quecemento con rondos, o corpo técnico branquiazul dispuxo un exercicio de fútbol no campo 2. Cun partido en espazo reducido, no que xa non participaron os titulares o sábado ante o UD Sanse, concluíu esta mañá de traballo na Cidade Deportiva.

Tiveron adestramento específico Pablo Trigueros, Alberto Benito e Valín, quen xa realizou a primeira parte da xornada co resto dos seus compañeiros.

Noel, Trilli, Yeremay e Alberto foron os representantes de #ANOSACANTEIRA esta mañá.

O cadro branquiazul está citado de novo o mércores 20 de outubro ás 9:00 en Abegondo para almorzar; e saltar ao céspede a partir das 10:30 horas.