RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Primeira toma de contacto esta tarde do Dépor co céspede de ABANCA-RIAZOR

A 24 horas da LXXIV edición do Trofeo Teresa Herrera de mañá sábado 10 de agosto ante o Real Betis (21:00 horas), e a 9 días da estrea ligueira ante o Real Oviedo, o primeiro cadro tivo esta tarde a primeira toma de contacto con ABANCA-RIAZOR.

Os futbolistas branquiazuis, moitos deles por primeira vez, colleron sensacións sobre un céspede do estadio en perfectas condicións.

A sesión consistiu unicamente en ensaio de accións a balón parado en dous grupos, dirixido polo técnico Alejandro Esteve.

Traballo físico e táctico en Abegondo á espera do adestramento vespertino en ABANCA-RIAZOR

O Deportivo alternou esta mañá na Cidade Deportiva traballo físico e táctico. Así, após un quecemento, os xogadores tiveron rondos e un circuíto físico dirixido por Marcos Marcén.

Acto seguido, mentres un grupo realizaba un traballo táctico no campo 2 dirixido por Juan Antonio Anquela, o outro grupo executaba unha tarefa de remates a portería no 3.

Un partido a metade do campo 2 puxo o punto e final á sesión, esta mañá con traballo específico para Diego Rolan e Koke Vegas.

Mañá, o equipo regresa a Abegondo ás 10:00 horas para un último ensaio antes de recibir ao Real Betis pola tarde.