RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Triunfo do Infantil no primeiro partido da fin de semana en #ANOSACANTEIRA

O calendario da fin de semana en #ANOSACANTEIRA abriuno hoxe venres o Infantil, que dobregou ao San Tirso SD (8-0) na terceira xornada do subgrupo B norte da Liga Galega.

Antes, o pasado martes 12 de outubro, día festivo, o Fabril visitou ao Ourense CF en xornada ligueira intersemanal. Houbo empate sen goles (0-0) nun partido igualado cun tempo para cada equipo.

O filial deportivista, con once puntos, mantense na zona nobre da clasificación de Terceira RFEF.

Mañá sábado ten cita en Abegondo o Xuvenil A, que recibe ao Pontevedra CF antes do partido do mércores 20 da UEFA Youth League en ABANCA-RIAZOR fronte ao MKS Pogoń Szczecin.

O Real Club Deportivo quere converter este encontro ante os polacos nunha gran festa para toda a mocidade da cidade e para o fútbol formativo coruñés, coincidindo cunha noite histórica para a canteira do Club e todos os que formaron parte da mesma ao longo da súa historia. Por iso, a través da Fundación RC Deportivo, todos os colexios e institucións sociais da cidade están convidados a acudir a ABANCA-RIAZOR.

Co obxectivo de impulsar os valores do fútbol, a Fundación RC Deportivo convidou a todas as institucións ou entidades benéficas que traballan pola integración social, educación, infancia, saúde e solidariedade na nosa comunidade.

Tamén xoga na Cidade Deportiva o equipo Cadete ante o Racing de Ferrol (sábado ás 11:00 horas).

Fóra de casa compiten unicamente o Deportivo ABANCA B, o domingo ás 12:00 en Mos; e o Xuvenil B, mañá sábado ás 17:00 en Ferrol.

A fin de semana toca descanso para o Fabril, do mesmo xeito que para o Orzán SD Xuvenil Feminino na súa segunda xornada na Primeira División Galega. Aproveitando esta circunstancia, o equipo orzanista ten un encontro de preparación mañá sábado ás 19:00 no Burgo.

Finalmente, continúan con partidos amigables os alevíns e benxamíns; ademais do Orzán SD Cadete Feminino.

O calendario de partidos, cos resultados dos xa xogados, é o seguinte:

Terceira RFEF
Clasificación: 1. CD Barco, 16 puntos; 2. UD Somozas, 13 puntos; 3. Fabril, 11 puntos; 4. CF Noia, Polvorín FC e SD Juvenil Ponteareas, 10 puntos; 7. Racing Villalbés e Rápido de Bouzas, 8 puntos...

Categoría feminina
6ª xornada: UD MOS - DEPORTIVO ABANCA B, o domingo 17 de outubro ás 12:00 no campo das Baloutas
Clasificación da Primeira Nacional: ... 3. CD Olímpico de León, 11 puntos; 4. Oviedo Moderno CF B e Sárdoma CF, 9 puntos; 6. Deportivo ABANCA B, 8 puntos; 7. UD Mos, 7 puntos; 8. Gijón FF e Victoria CF, 6 puntos...

Amigable: SPORTING BURGO - ORZÁN SD XUVENIL FEMININO, o sábado 16 de outubro ás 19.00 no campo da Lavandeira (O Burgo)

Amigable: UD CARRAL - ORZÁN SD CADETE FEMININO, o domingo 17 de outubro ás 19:00 no Municipal Borja Rodríguez Ans (Carral)

Categoría xuvenil
7ª xornada: XUVENIL A - PONTEVEDRA CF, o sábado 16 de outubro ás 12:30 en Abegondo (campo 1)
Clasificación da División de Honra: 1. RC Celta e Xuvenil A, 16 puntos; 3. Real Racing Club, 13 puntos...

5ª xornada: RACING DE FERROL - XUVENIL B, o sábado 16 de outubro ás 17:00 na Gándara 2 (Ferrol)
Clasificación da Liga Nacional: 1. Xuvenil B, 12 puntos; 2. CD Calasanz, 10 puntos; 3. RC Celta B, Coruxo FC e Bergantiños CF, 9 puntos...

Categoría cadete
División de Honra, subgrupo A, 3ª xornada: CADETE - RACING DE FERROL, o sábado 16 de outubro ás 11:00 en Abegondo (campo 4)

Categoría infantil
Liga Galega, subgrupo B norte, 3ª xornada: INFANTIL 8 (Rubén, Marcos -2-, Balbas -2-, Abel, Iker Casuso e Janusz) - SAN TIRSO SD 0

Categoría alevín
Amigable: SAN TIRSO SD - ALEVÍN A, o sábado 16 de outubro ás 12:30 no Monte

Amigable: FABRIL FC ALEVÍN - URAL ESPAÑOL CF, o sábado 16 de outubro ás 10:00 en Abegondo (campo de herba artificial)

Categoría benxamín
Amigable: BENXAMÍN A - URAL ESPAÑOL CF, o sábado 16 de outubro ás 10:00 en Abegondo (campo de herba artificial)

Amigable: SAN TIRSO SD - FABRIL FC BENXAMÍN, o sábado 16 de outubro ás 12:30 no Monte