RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Última cita da Primeira Fase para Teresa Abelleira e María Méndez no Europeo sub-19

- Foto: @SeFutbolFem -

Mañá luns 22 de xullo, Teresa Abelleira e María Méndez disputarán o último partido da Primeira Fase do Campionato de Europa sub-19 de Escocia. O rival será Alemaña (17:00 horas), pero xa coa clasificación para semifinais e o Mundial sub-20 de Nixeria no peto.

Todos os partidos pódense seguir en directo en Teledeporte, a canle temática en aberto de deportes de Televisión Española.

Teresa participou no triunfo o pasado venres de España ante Inglaterra (1-0), na segunda xornada.

A capitá do Deportivo ABANCA arrancou o choque ante as inglesas no banco e entrou ao campo na recta final en substitución de Rosa Márquez. A outra deportivista, María Méndez, seguiu o encontro desde o banco.

No debut do pasado martes, Teresa Abelleira foi titular na vitoria (2-0) de España ante Bélxica. A futbolista galega xogou 85 minutos e foi relevada xa co partido decidido por Rubio. Foi decisiva coa súa actuación: na segunda metade forzou cunha gran xogada o penalti que deu lugar ao 1-0 de Claudia Pina; e asistiu a Laia Aleixandri no segundo.

Pola súa banda, María Méndez non chegou a saltar ao céspede.

O calendario de partidos da Primeira Fase da selección española, cos resultados dos xa xogados, é o seguinte:

Martes 16 de xullo
ESPAÑA 2 - BÉLXICA 0

Venres 19 de xullo
INGLATERRA 0 - ESPAÑA 1

Luns 22 de xullo
17:00: ALEMAÑA - ESPAÑA, no Forthbank Stadium en Stirling

As dúas primeiras seleccións pasan a semifinais, que se xogan o xoves 25 de xullo.