RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Última sesión antes do partido con estiramentos e rondos

José Luis Martí dirixiu esta mañá no complexo Marbella Football Center unha última sesión antes do partido desta noite na Rosaleda fronte ao Málaga CF (21:00 horas, Movistar Partidazo), correspondente ás semifinais de ascenso a LaLiga Santander.

Os futbolistas saltaron ao céspede uns minutos despois das 10:30 para realizar uns estiramentos e uns rondos, por espazo de apenas 35 minutos.

A mañá pechouse cunha sesión de vídeo xa no hotel de concentración e descanso até a hora de saír á Rosaleda.

Todo pois listo e preparado no Dépor para afrontar outros 90 minutos de emoción na pelexa polo ascenso.