RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Última sesión de traballo, a poucas horas de disputar o Trofeo Teide en Tenerife

O Dépor realizou esta mañá o último adestramento desta semana, a poucas horas de disputar o último amigable desta pretemporada, a XLVII edición do Trofeo Teide en La Orotava ante o CD Tenerife (20:30 horas -21:30 na Península-).

Pepe Mel levou aos seus 20 futbolistas precisamente á cidade deportiva do club tinerfeño, para levar a cabo unha sesión dunha hora de duración, con rondos e fútbol en espazo reducido como principais tarefas.

Uns estiramentos puxeron o punto e final ao traballo matinal, desenvolvido á primeira hora da mañá pero cunha forte calor.