RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Últimas citas dos internacionais, con só participación para Gaku

- Foto: @jfa_samuraiblue -

Onte martes houbo cita para os internacionais branquiazuis: Gaku, Montero e Lampropoulos.

Só tivo minutos o futbolista nipón, mentres que o español e o grego seguiron os seus partidos desde o banco.

Todos eles emprenden xa viaxe de regreso á Coruña para incorporarse nos próximos días á disciplina branquiazul.

Gaku tamén xogou en Tadxiquistán o partido completo

Gaku Shibasaki enfrontouse con Xapón a Mongolia e Tadxiquistán en partidos clasificatorios para o Mundial de Qatar 2022 e a Copa de Asia de China 2023.

Onte martes 15, a selección xaponesa venceu a Tadxiquistán no Estadio da República Central da capital Dusambé (0-3). Gaku disputou o partido completo.

O primeiro destes encontros, ante Mongolia, xogouse no Saitama Stadium en Xapón o pasado xoves 10 de outubro. Gaku foi titular e participou os 90 minutos na goleada nipoa: 6-0.

Montero, no banco no partido da sub-21 en Montenegro

A selección española sub-21 contou co deportivista Javi Montero para dous partidos.

Onte martes 15, a selección visitou en Podgorica a Montenegro (0-2), en choque este clasificatorio para o Campionato de Europa da categoría.

O defensor deportivista estivo no banco os 90 minutos.

O xoves 10 de outubro en Córdoba, España igualou (1-1) ante Alemaña nun encontro de carácter amigable, no que se enfrontaron os dous últimos campións europeos da categoría.

Montero saltou ao céspede no minuto 73 en substitución de Aitor Buñuel, xa con 1-1 no marcador, resultado que sería definitivo.

Lampropoulos, sen minutos en Atenas ante Bosnia Herzegovina

Vasileios Lampropoulos estivo convocado por Johnny van't Schip para dous partidos da selección grega.

Os encontros son clasificatorios para o Euro 2020, dentro do grupo J.

A segunda cita para Grecia foi onte martes día 15 ante Bosnia Herzegovina en Atenas. O combinado heleno, con Lampropoulos no banco, venceu pola mínima (2-1).

O pasado sábado 12 de outubro, os gregos caeron fronte a Italia en Roma (2-0). O central branquiazul seguiu o encontro desde o banco e non chegou a saltar ao céspede.

Víctor Mollejo abriu a conta goleadora de España sub-19 ante Serbia no Torneo de Clasificación de Belgrado

Víctor Mollejo disputou coa selección española sub-19 o Mini Torneo de Clasificación de Belgrado (Serbia), no que logrou o pase á Rolda Elite.

O terceiro e último partido foi o pasado luns ante a anfitrioa Serbia no Center de FA Serbia, en Stara Pazova. O atacante deportivista abriu o marcador aos 7 minutos nun partido que acabou con claro triunfo hispano (0-4).

Mollejo foi relevado no minuto 54, xa con 0-3, por Cedric Wilfried.

A segunda cita para España foi o venres 11 ante Romanía no FK Rad Stadium de Belgrado. O combinado español impúxose por 1 gol a 0, grazas ao acerto de Borja Sainz nun choque no que o deportivista foi titular ata que no minuto 90 de partido deixou o seu lugar no campo a Juan Miguel Latasa.

O primeiro rival dos españois foi o martes 8 Lituania, á que derrotaron (2-0). Mollejo seguiu o choque desde o banco e non chegou a saltar ao terreo de xogo.

Os resultados de España neste torneo foron os seguintes:

Martes 8 de outubro
ESPAÑA 2 - LITUANIA 0

Venres 11 de outubro
ESPAÑA 1 - ROMANÍA 0

Luns 14 de outubro
SERBIA 0 - ESPAÑA 4