RCD / NOVAS

Valerón e César, titulares en Oslo

España impúxose por 0 a 3 a Noruega en Oslo e estará na Eurocopa de Portugal. Os deportivistas Valerón e César foron titulares e mentres o central estivo concentrado e acertado nas súas intervencións, o canario Juan Carlos Valerón foi un dos xogadores destacados do combinado nacional, encargándose de dar o pase do primeiro gol a Raúl.

19/11/2003 23:07

Vicente e Etxeberría asinaron os outros dous goles de España que desta forma certifica a súa presenza en Portugal.

Máis novas de: CÉSAR

RCD / Noticias Relacionadas

24/03/2005 22:32 |

Hoxe en Dépor Sport
César: Quero acabar o meu contrato no Dépor

César Martín, un dos clásicos do Deportivo, é o protagonista de hoxe en Dépor Sport, o xornal oficial do club. Como sente despois de tanto tempo sen xogar? Este ano só xoguei contra o Numancia. Agora estou ben fisicamente, adestro con normalidade e espero dispor de minutos para xogar e gozar no campo. Mentres non sexa así, hai que traballar para tentar que a situación mellore.