RCD / NOVAS

Vamos Dépor Vamos! 9 puntos consecutivos en xogo en ABANCA-RIAZOR Xuntos podemos conseguilos!

18/02/2019 14:00

O Real Club Deportivo afronta un mes de marzo crave no longo e competitivo camiño de volta a Primeira. Desde que arrinque o terceiro mes do ano, os deportivistas afrontarán tres partidos consecutivos en #ANOSACASA. O Estadio ABANCA-RIAZOR será o escenario, sen solución de continuidade, dos partidos contra Alcorcón (luns 4 de marzo, 21:00 h.), UD Las Palmas (domingo 10 de marzo, 20:00 h.) e UD Almería (venres 22 de marzo, 21:00 h.). Será sen dúbida un tramo decisivo no mes máis branquiazul do ano que se completará cun dos desprazamentos máis esperados da temporada, a visita ao Novo Tartiere de Oviedo para pechar o mes.

Por iso o Club, ademais de animar aos seus 23.407 socios a facer uso do seu carné e non perderse ningunha das citas, decidiu facilitar a todos os deportivistas e afeccionados que o desexen a posibilidade de vivir este mes especial pondo á súa disposición packs de entradas para os 3 partidos (ou 2 se se desexa) que se disputan en marzo en ABANCA-RIAZOR.

Os packs e entradas para cada un dos choques están á venda desde o martes 19 de febreiro na Oficina de Atención ao Deportivista (Estadio ABANCA-RIAZOR, avenida da Habana s/n) aberta de luns a venres de 10:00 a 13:30 e de 16:30 a 19:00 horas. Os días de partido as entradas estarán á venda desde as 11:00 e até o inicio do encontro de maneira ininterrompida nos despachos de billetes do Palacio dos Deportes.

As entradas de público tamén poden comprarse online aquí