RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Vamos Dépor Vamos! Aproveita a promo de entradas para os 2 próximos partidos consecutivos en ABANCA-RIAZOR

Co arranque de marzo comezou o último terzo da temporada e o Real Club Deportivo quere facilitar a todos os seus seguidores a posibilidade de estar detrás do equipo no último arreón da campaña.

Por iso, o Club, ademais de animar aos seus 23.410 socios a facer uso do seu carné e non perderse ningunha das citas, decidiu facilitar a todos os deportivistas e afeccionados que o desexen a posibilidade de acudir ao Estadio pondo á súa disposición packs de entradas para os 2 partidos que restan en marzo en ABANCA-RIAZOR: o Dépor-UD Las Palmas do domingo 10 de marzo ás 20:00 h. e o Dépor-UD Almería do venres 22 ás 21:00 h.

Os packs e entradas para cada un dos choques están á venda na Oficina de Atención ao Deportivista (Estadio ABANCA-RIAZOR, avenida da Habana s/n) aberta de luns a venres de 10:00 a 13:30 e de 16:30 a 19:00 horas e na DéporTienda de Marineda City en horario ininterrompido de luns a sábado de 10:00 a 22:00 h. Os días de partido as entradas estarán á venda desde as 11:00 e até o inicio do encontro tamén de maneira ininterrompida nos despachos de billetes do Palacio dos Deportes.