RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Vázquez: "Estamos un pelín mellor (na táboa) e espero que o equipo se porte un pelín mellor a nivel de confianza"

Fernando Vázquez recalcou esta mañá na sala de prensa de Abegondo, o día previo a recibir á SD Ponferradina en ABANCA-RIAZOR (sábado 27 de xuño, 17:00 horas, Movistar LaLiga) que xogar sen público "en casa aféctanos negativamente. Sería mellor ter público porque é un aliado impresionante e ademais é o obxectivo do fútbol. O noso obxectivo é xogar para alguén. Temos que pensar que estamos a xogar para a afección que está a ver o partido. Pero a nós gustaríanos telos diante. Xogar fóra podería ser favorable para nós. Pero non ter público en casa non é igual para todos. Hai equipos que nos sentimos un pouco máis prexudicados e hai equipos que na situación na que estaban o público estaba na súa contra. Neste tipo de situacións, se non tes a presión do público, é mellor xogar sen el".

Polo que respecta aos números desde a súa chegada ao Dépor, o técnico branquiazul cre que "está ben a puntuación que temos desde que cheguei pero os puntos son un medio para conseguir o obxectivo da salvación. Niso estamos. Todo o que sexa non perder é súper positivo pero empatar tampouco dá demasiados puntos. Necesitamos vitorias para salvarnos. Cando as consigamos, podemos facer todos os números posibles, todos os números da miña etapa. Aceptarei nese momento falar sobre iso".

Non achaca a expulsión de Gaku o pasado martes en Elxe aos nervios porque "estaba a disputar e puido chegar tarde. O fútbol ten este tipo de situacións. O árbitro viuno e coa axuda do VAR decidiu expulsalo".

Iso si, admite que "na situación na que está, o equipo chámase Dépor e ninguén ten asumido que o Dépor puidese estar nesta situación. O equipo sábeo e ten un peso encima superior a outros equipos da categoría. A vitoria en Elxe dános un pouco de osíxeno pero nada máis. A responsabilidade segue estando".

Mañá sábado en ABANCA-RIAZOR vaticina un partido "difícil porque a SD Ponferradina ponllo difícil a todo o mundo. É un partido moi importante".

Respecto ao conxunto berciano, pide "non mirar o nome. Miremos o equipo, como xoga. Está dirixido por Bolo de forma extraordinaria. Fai as cousas moi simples pero faias impresionantemente ben".

Está convencido Fernando Vázquez que se mañá o Dépor logra o seu segundo triunfo consecutivo "a partir de aí todo podería vir máis rodado, máis fácil". "As vitorias danche máis posibilidades de gañar o seguinte partido. A nosa situación segue sendo un pouco complicada. Non nos consideramos libres deses lazos que che atan ao pensamento negativo de que podes perder o partido e quedar en situación complicada. Pero estamos un pelín mellor e espero que o equipo se porte un pelín mellor a nivel de confianza", engade.

Explica que nesta recta final o adestrador ten "un problema importante. Se xogas de domingo a domingo non tes problema co equipo que pos. Todos están recuperados, todos están ben e podes elixir, baseándote nos fundamentos máis adecuados para cada partido. Nestes momentos hai que facer outro tipo de xestión. Non podes chegar ao final desta mini liguiña esgotado, canso. É unha xestión que teño que facer. Como? Primeiro o elemento técnico-táctico e segundo van xogando minutos temos unha clasificación. Uns están en zona colorada, que son os que acumulan máis minutos. As posibilidades de lesión son máis altas. Outros os temos en zona verde e outros en zona amarela. Tento xogar con isto pero sempre tendo en conta que temos que gañar o partido. Creo estamos a facelo ben. Estamos a darlle descanso aos futbolistas pero hai uns cuantos  futbolistas, especialmente na parte de atrás, que aí é onde temos máis problemas para poder rotar con certa fiabilidade".

Finalmente, considera a Çolak "un xogador importante á hora de gañar partidos até o final de temporada"; e, de Peru Nolaskoain, conta que a súa data de regreso "dependerá da súa evolución. Hoxe pregunteille. Parece que non vai moi rápido pero sabemos que isto vai por mesetas. Esperemos que nestes días que faltan para Tenerife poida mellorar".