RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL

Víctor asegura que o vestiario non tirou a liga

O deportivista Víctor foi un dos que se pasou polo Estadio de Riazor esta mañá, nunha xornada de descanso para a maior parte do persoal e na que se exercitaron os lesionados (Acuña, César Martín, o propio Víctor) ou os voluntarios (Iván Pérez, Dani Mal

Víctor asegurou en comparecencia na zona mixta que "o vestiario do Deportivo non tirou a liga". O centrocampista madrileño, un dos destacados ante o Atlético de Madrid ata que tivo que retirarse, lamentouse precisamente desta circunstacia: "Nunca me pasou que me tivese que retirar por unha entrada brusca dun rival. E é increible que eu me tivo que ir do campo e que o que fixo a entrada non tivese ningún tipo de sanción. Iso si, non teño absolutamente nada contra Sergi, que é un profesional intachable que seguro que non quixo facerme dano", aclarou Víctor.
Para o próximo choque de Bilbao, o internacional deportivista prefire centrarse unicamente no partido de San Mamés: "Primeiro temos que sacar o noso partido adiante. Logo, xa veremos o que sucede no resto de partidos"..
Víctor, cunha inflamación na súa empeine, confesou sentirse xa moito mellor e espera poder viaxar sen ningún problema a San Mamés en 11 días: "Esta semana vaime a vir moi ben porque así podo recuperarme do golpe e comezar os adestramentos a próxima semana co resto de compañeiros".