RCD / NOVAS

Víctor Mollejo entra na convocatoria da selección española sub-19 para un amigable ante Dinamarca

18/02/2020 19:45

Víctor Mollejo entrou na lista de convocados para un partido amigable ante Dinamarca que terá lugar o vindeiro mércores 26 de febreiro ás 11:00 horas nas instalacións de Pinatar Arena, sitas na localidade murciana de San Pedro del Pinatar.

O atacante deportivista concentrarase con España o vindeiro luns 24 de febreiro, tralo partido en La Romareda de Zaragoza previsto para o domingo 23 ás 16:00 horas (#Vamos).

Máis novas de: MOLLEJO