RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Victoria e derrota do Dépor de LaLiga Genuine no primeiro día da última xornada

Esta mañá arrincou na Cidade Deportiva de Paterna (Valencia) a xornada final de LaLiga Genuine 2018-2019, unha fin de semana na que participan os 30 equipos que conforman LaLiga Genuine.

O Deportivo participa nesta cuarta cita do calendario con: Andrés Manuel Barbeito, Gabriel Cives, Senén Fernández, Alejandro Gómez, Jesús Máximo González, Roi González, Alejandro Lugrís, Anxo Martínez, Javier Martínez, David Miranda, Alejandro Rey, Juan Andrés Taboada, Juan Agustín Torrens, Daniel Trasancos, Víctor Vales e Cristian Vázquez, que onte mentres esperaban o seu voo cara a Valencia, recibiron en Alvedro aos xogadores do equipo profesional que se desprazaba a Málaga.

Cun ambiente festivo multiplicado por dous, ao dobrarse a participación das xornadas anteriores, discorreu o primeiro dos dous días de competición nas instalacións da Valencia Club de Fútbol.

O equipo branquiazul debutou esta mañá no horario inaugural ante o Real Valladolidi e abriu tamén a vespertina ante o Reus CF. Contra os valisoletanos a vitoria foi por 2-1, mentres que ante os roxinegros, o Dépor caeu tamén pola mínima: 0-1.

Mañá o Dépor pecha a temporada a partir das 11:00 no Campo 1 de Paterna contra o Alavés.

Estes son o calendario de partidos e os resultados do Dépor Genuine na Cidade Deportiva de Paterna:

Sábado 15 de xuño
10:00 Campo 4: REAL VALLADOLIDi - RC DEPORTIVO (1-2)
17:30 Campo 1: RC DEPORTIVO - CF REUS (0-1)

Domingo 16 de xuño
11:00 Campo 1: ALAVÉS - RC DEPORTIVO