RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Vídeo, rondos e fútbol-tenis nunha mañá de descarga para o Dépor

Como é habitual 2 días antes de cada partido, os técnicos do Dépor rebaixaron esta mañá a intensidade do adestramento.

Os preparadores físicos queren un equipo ao cento por cento fisicamente este domingo 16 de decembro no Estadio ABANCA-RIAZOR (20:30 horas, Gol e LaLiga 1|2|3 TV) ante o Real Zaragoza.

Esta mañá, o cadro reuniuse en primeiro lugar por espazo de máis dunha hora na sala de vídeo.

A continuación, os futbolistas saltaron ao céspede para uns rondos e fútbol-tenis. A sesión acabou con tarefas de recuperación no ximnasio e a padiola dos fisioterapeutas.

Mañá venres, o equipo adestrarase a porta pechada en ABANCA-RIAZOR, a partir das 11:00 horas.