RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Villares presume de estar nun grupo "moi forte e moi unido, disposto a sacar adiante a temporada"

Diego Villares atendeu esta mañá aos medios informativos na sala de prensa de Abegondo.

O canteirán branquiazul asegura que o equipo "está concienciado desde a semana anterior que non tivemos liga en gañar ao Pontevedra CF" este domingo 7 de marzo en ABANCA-RIAZOR (19:00 horas, TVG). É máis, subliña que os futbolistas están "con ganas de que chegue o domingo para poder sacalo adiante".

Aínda que recoñece que non se fala no vestiario sobre se este encontro é o máis importante da historia recente do Club, admite iso si que "é un partido importante pero non só para nós, tamén para o Pontevedra, que se xoga moito".

Preguntado polo cambio de obxectivo nesta temporada, Villares sostén que "está difícil o primeiro obxectivo que era o ascenso pero quen sabe se podemos dar a sorpresa e acabar conseguíndoo".

O centrocampista galego apreciou na Malata no último partido ante o Racing de Ferrol "un bajón ao recibir o gol. É froito de que o gol non chegaba e tes que marcar dous para conseguir a vitoria. Aí xa ven o baixón. Si falamos de que isto non podía ser así porque tampouco é imposible".

En canto ás palabras onte de Antonio Couceiro, presidente do Deportivo, en rolda de prensa na que pediu paciencia para un proxecto a longo prazo, opina que "algo sempre tranquiliza pero o obxectivo no vestiario é o mesmo. Ninguén cambia o obxectivo nin a imaxe que imos ter deste tres partidos que quedan de aquí ao final de liga".

Apunta que "é difícil para #ANOSAFORZA despois de tantas xornadas, dos paus que se levou pensar que esta vez si que vai ser. Pero tanto a semana anterior como o inicio desta levamos traballando moi ben e ese é o camiño para o domingo lograr o tres puntos".

Unha vez máis, e após chegar ao Dépor procedente do Fabril no mercado de inverno, subliña que se atopou a un grupo "moi forte e moi unido, disposto a sacar adiante a temporada".