RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Volta ao traballo do Dépor nada máis aterrar no Aeroporto da Coruña

Nada máis aterrar no Aeroporto da Coruña, a expedición do Deportivo dirixiuse á Cidade Deportiva para volver aos adestramentos. En Abegondo agardaban os futbolistas que non viaxaron a Albacete esta pasada fin de semana: Koné, Borja Valle, Hugo Vallejo, Beto, Christian Santos, Salva Ruiz ou Samuele Longo; ademais dos canteiráns Boian e Álex Cobo.

Para os titulares onte no Estadio Carlos Belmonte de Albacete houbo un quecemento, carreira continua, ximnasio e tarefas de recuperación no vestiario. Dani Giménez non chegou a saltar ao céspede.

Para o resto de futbolistas houbo un adestramento de alta intensidade, cun circuíto físico con finalizacións e, para concluír, fútbol en espazo reducido. Adestráronse á marxe deste grupo Salva Ruiz e Christian Santos. Koke Vegas, con permiso, non estivo hoxe na actividade do primeiro cadro.

Mañá martes haberá xornada de descanso. O equipo volve aos adestramentos o mércores 29 ás 10:30 horas en Abegondo. Antes, ás 9:30, os futbolistas almorzarán nas instalacións habilitadas para tal fin.