Traballo táctico esta mañá en Abegondo para o primeiro equipo
O primeiro equipo, co fabrilista Óscar, tivo esta mañá unha sesión fundamentalmente táctica, cara ao encontro deste sábado 28 de xaneiro en Eibar (18:30, Bein Sports).
O corpo técnico incidiu en movementos defensivos e ofensivos; e ensaio de accións a balón parado.
Mañá venres, o Dépor adestrarase de novo en Abegondo ás 10:30 horas.