RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Recuperación para os titulares onte, intensidade para o resto do cadro

Os futbolistas titulares onte en Eibar tiveron esta mañá en Abegondo un traballo de recuperación, con carreira continua, estiramentos, ximnasio e masaxe.

Para os demais futbolistas (Lux, Álex Bergantiños, Mosquera, Albentosa, Joselu, Marlos Moreno, Laure, Luisinho, Kakuta e Ola John), Gaizka Garitano incidiu na posesión e os remates a portería. Un partido en espazo reducido puxo o punto e final ao adestramento sobre o céspede. Bruno Gama, que onte xogou 62 minutos, realizou a primeira parte con este grupo.

Faltou unicamente en Abegondo Fayçal, que esta tarde (20:00 horas) disputa coa súa selección, Marrocos, ante Exipto, os cuartos de final da Copa de África Gabón 2017.

Mañá luns haberá xornada de descanso. O equipo volve aos adestramentos o martes 31 de xaneiro ás 11:00 en Abegondo.